Thursday 09 de May de 2024

Os meniños da gardería municipal de Brión conectan por videoconferencia con Papá Noel


Os meniños e meniñas da gardería municipal de Brión tiveron ocasión de charlar por videoconferencia con Papá Noel que, dende Laponia, recolleu as súas peticións de xoguetes para este Nadal. A diferencia de anos anteriores, nos que os pequenos se tiñan que desprazar en varias quendas ta o telecentro brionés, nesta ocasión a videoconferencia tivo lugar na propia gardería, o que permitiu tamén a participación de ducias de pais e nais que non quixeron perderse as reaccións dos seus pequenos ao falar con Papá Noel. Unha iniciativa organizada polo Concello de Brión, a través do departamento de Informática e a propia gardería municipal.